Wednesday 08 de May de 2024

A Xunta investirá case 500.000 euros en diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais e de mellora de equipamentos nos concellos de Bergantiños e Costa da Morte


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou en Cabanas as intervencións que a Consellería realizou o ano pasado e anunciou as inversións previstas nestas comarcas no 2018

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou en Cabana de Bergantiños as actuacións nas que o ano pasado se investiron 70.000 euros con cargo as axudas de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Concretamente, realizáronse un proxecto de mellora enerxética no campo de fútbol das Redondas e obras de mellora nas vías de acceso a San Fins (Cesullas) e ao depósito de auga en Ures (Canduas).
O representante do goberno autonómico anunciou as axudas que este ano distribuirá a Xunta de Galicia nos concellos das comarcas de Bergantiños e Costa da Morte. En total, repartiranse 498.684 euros para facer obras en Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Cerceda, Corcubión, Dumbría, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Vimianzo e Zas. Ovidio Rodeiro destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.
Entre as actuacións máis importantes destacan a recuperación da contorna da caseta de pescadores e piragüismo de Ponte Olveira en Dumbría con 149.846 euros, investimentos e servizos medio ambientais en Vimianzo con 116.088 euros ou a posta en marcha dunha cuadrilla medioambiental e proxecto de mellora da iluminación pública na Grela, Tasaraño e Costa en Camariñas.
Estas novas actuacións previstas para o 2018 financiaranse con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e a fondos propios da Orden de Infraestruturas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental correspóndelles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. Estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.
BERGANTIÑOS- COSTA DA MORTE
CONCELLO SOLICITUDE IMPORTE CONCEDIDO
Cabana de Bergantiños Mellora da eficiencia enerxética no alumeado público no lugar de Rieiro 28.448,00 €
Cabana de Bergantiños mellora das instalacións e equipamentos na casa consistorial 30.555,89 €
Camariñas Cuadrilla medioambiental e proxecto de mellora na iluminación pública na Grela, Tasaraño e Costa 61.337,01 €
Cee Adquisición de copiadora dixital e equipamento informático 10.860,64 €
Cerceda Mellora da eficiencia enerxética no alumeado do pavillón municipal 4.483,10 €
Corcubión Mellora do salón de plenos do concello de Corcubión 11.247,19 €
Dumbría Recuperación da contorna da caseta de pescadores e piragüismo en Ponte Olveira 149.846,71 €
Laracha, A Adquisición de colectores para recollida selectiva de residuos orgánicos (color marrón) 3.241,55 €
Laracha, A Mellora e acondicionamento do parque infantil de Paiosaco 26.236,36 €
Malpica de Bergantiños Equipamento e gastos de funcionamento EDAR Malpica 2018 10.690,85 €
Vimianzo Investimentos e servizos para o ambiente 2018 116.088,02 €
Zas Bombeos nas redes de saneamento de San Cremenzo e Fornelos 45.649,66 €
TOTAL 498.684,98 €